Blogia
Andresadas

A páxina web de Axe

A páxina web de Axe Hoxe en dia se navegando pola rede, decidimos ir á páxina de Axe, atoparemos unha desactualización absoluta, posto que ainda se contínua promocionando a campaña de Nadal do producto, realizando unha convidación a aquelos que queiran votar ás postais que a xente que quería participar no concurso creou para felicitar a Nadal. foron catro as seleccionadas ( ainda que se poña cinco como número de finalistas na páxina web, tan só aparecen catro carteis).

O primeiro cartel chama a atención: unha morea de tangas de muller de cor vermello apiñados en forma de árbore de nadal, cun calzonciño branco na parte de enriba, co Axe en cor negra, actuando en vez da estrela.

No segundo, vemos como unha muller disfrazada de Papá Noel está sentada encima dun bote de desodorante Axe. De fondo un ceo azulado, cun slogan na parte inferior: O efecto Axe. A ollada da muller é sensual, intrigante, excitante, destas que podriamos dicer, cortan a respiración... ,¿ O traxe de Papá Noel, non lle abriga demasiado? ¡ que va! A muller se coloca nunha postura insinuante, mostrándonos parte das súas longas e femininas pernas... A rapaz, de debuxos animados, pódenos lembrar, pola súa semellanza, a Jessica Rabbit.

Unha rapaza vestida cun provocativo vestido vermello sobre un fondo branco, convida-nos a participar na festa que Axe celebra no Teatro Kapital, incitándonos coa sua ollada, e os seus beizos, que nos están a lanzar un bico que se reflecte claramente no fondo. Este terceiro cartel, utiliza a imaxe dunha chica morena, cuxa ollada diríxese cara esa marca de beizos que significa o bico que nos envia. O vermello está presente en todo o cartel: o vestido, os beizos da xoven, o 2005 do texto inicial do cartel, o bico que envia a xoven, e,mesmo, as uñas da xoven, pintadas tamén desa cor. A outra cor importante é o negro: o cabelo, o Feliz do texto inicial, e o slogan que se atopa na parte inferior dereita: Espéroche no teatro Kapital. Esta frase provoca unha atenzón especial para os homes: ela vai estar alá, tes que ir á festa ( iso pensaran alguns inxénuos, ou, mesmo, que todas as mulleres que estean alá, serán igual de preciosas que a do cartel).

E, por último, no cuarto cartel, a rapaz é loira, a diferenza do terceiro. Neste, a cor azul é o máis destacabel, e non se atopa a cor vermello por ningures, a diferenza dos outros dous. As montañas, o lago, as árbores... Todo o fondo da imaxe está representado por un azul claro cuns pequenos toques de branco, facendo referéncia á neve, e, ao mesmo tempo, ó Nadal. Ademais do fondo, a muller ten unha ollada que penreta e cega, e que impacta no receptor do anuncio de forma especial. Os seus penetrantes ollos azuis compleméntanse co seu bikini, tamén azul, o bote de desodorante e o slogan típico destas datas: Feliz 2005. Por outra parte, o seu cabelo loiro ten unha certa semellante coa cor da superficie sobre a que a rapaza está tombada...

Outras opcións da páxina web, ademais de poder ver os carteis son: poder envíar estes carteis aos teus amigos a través da website, via e-mail; tes a posibilidade de descargar o salvapantallas de Axe, no que verás pasar a unha muller con longas botas negras, cuns sensuais andares, desfilar e bailar en fronte ao ardente lume. O curioso, é que tan só se ven as pernas da muller, de maneira que aumente o morbo daqueles que vexan a secuéncia, imaxinándose como pode ser a muller. En outro enlace que pon: Queres xogar comigo?, coa foto do terceiro cartaz gañador, os usuários de Internet acceden a un xogo, no que, cunha pluma, podes facer cóxegas a unha muller vestida de vermello que está tombada sobre unha enorme cama. Dependendo da zona onde lle fagas cóxegas, a muller reacciona dunha maneira ou outra, que non desvelo para aquilos interesados que a queiran ollar... En todo caso, o xogo ofrece a posibilidade de ser enviado, de se rexistar para que outros xogos deste tipo sexan mostrados...

E vostedes ou vós ( como queiran ser tratados) ¿ que lles parece esta páxina web? ¿ Non era Axe un desodorante? Na miña opinión, este tipo de website deberia pertencer a outra organización ou a outro creador, xa que non creo que Axe expoña para nada o seu producto, ainda que se mostre as supostas satisfaccións que nos pode chegar a ofrecer. En calquera caso, non me semella correcto que esta sexa a páxina web de Axe, ainda que recoñezo que o contido resulta simpático... Pero... , ¿machismo=simpatia? ¿ Considerades a publicidade de Axe machista?

0 comentarios